Relevos e Sprint, as probas da segunda xornada do CEO 2016

Pontevedra
27 de marzo 2016

Os deportistas enfróntanse este domingo á última proba, a de distancia media que será nos arredores da praia da Lanzada e o monte Siradella

Segunda xornada do Campionato de España de Orientación 2016
Segunda xornada do Campionato de España de Orientación 2016 / Noel Queipo

Este sábado foi o segundo día de competición noCampeonato de España de Orientación que organiza o clube Aromon estes días na cidade de Pontevedra.

Pola mañá disputábase, no monte Acibal, a modalidade de relevos. Nesta proba participaron máis de 250 equipos de tres deportistas, que non dubidaron en plantarlle cara ao frío e á néboa para gozar dunha carreira na que a técnica e a velocidade non foron as únicas habilidades necesarias, tamén o equilibrio nun terreo con abundante lameira.

As gañadoras en Senior Femenino foron en primeiro lugar as catalanas (Ona Ràfols, Amparo Gil e Anna Serrallonga), en segunda posición as valencianas (Violeta Feliciano, Alicia Gil e Esther Gil) e nun terceiro posto, Castela León (Marina García, Andrea Herrero e Amanda Pons).

En senior masculino, a gañadora foi a Comunidade Valenciana (Roger Casal, Andreu Blanes e Antonio Martínez), nun segundo posto os cataláns (Marc Serrallonga, Biel Ràfols e Pau Llorens), mentres que os terceiros clasificados foron os andaluces (José Manuel García, Javier Ruiz de la Herran e Luis Nogueira).

A partires das 4 da tarde comezaba o Sprint que se levou a cabo no casco histórico da cidade. Máis de 1.000 participantes percorreron as rúas da zona vella entre algunha cara de asombro dos veciños. Desta volta a choiva non dou tregua e foron poucos os participantes que chegaron secos á meta.

Os gañadores desta "carreira rápida" foron na categoría élite masculino Antonio Martínez no primeiro posto, en segunda posición Andreu Blanes e en terceira Eduardo Gil. Na categoría femenina a gañadora foi Ona Ràfols, mentres que Violeta Feliciano e Anna Serrallonga quedaron en segunda e terceira posición respectivamente.

A entrega de premios tivo lugar no Teatro Principal que encheu o aforo para apoiar aos gañadores e no que estiveron presentes o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de deporte Anxos Riveiro e outros membros da corporación; así como Víctor García Berenguer (FEDO), Alberto Arufe (FEGADO), Javier Alvelo (Director del campeonato) e Manuel Beloso (Presidente do clube AROMON).

Sen tempo para descansar, os deportistas enfróntanse este domingo á última proba, a de distancia media que será nos arredores da praia da Lanzada e o monte Siradella.