Judith Cobas, xogadora do Tenis de Mesa Monte Porreiro, recibiu este venres o apoio do Concello de Pontevedra tras o seu bo resultado no Torneo Estatal celebrado en Tarragona.
A xogadora pontevedresa impúxose no estatal na categoría individual feminina confirmando o seu gran momento deportivo.
De feito Judith acumula esta tempada un 95% de vitorias nos seus encontros na División de Honra co Tenis de Mesa Pontevedra, cunha impresionante estatística de 21 triunfos en 22 partidos disputados.
A xoven xogadora foi recibida polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañada do seu adestrador Nando Álvarez.