A Sociedad Deportiva Teucro non se fía un pelo do seu próximo rival, un histórico Palma del Río en horas baixas. Os azuis visitan este sábado (18:00 horas) a pista do conxunto cordobés, pechacancelas sen sumar un só punto na competición.
Pola contra os Luís Montes chegan á cita na busca do seu cuarto triunfo consecutivo en liga, o que lle levaría ao liderado da División de Honra Prata xa que o equipo co que comparte esa honra, o Cisne, aprazou o seu encontro desta xornada, a unha semana ademais do derbi pontevedrés. Quen o apostaba tras a contundente derrota da segunda xornada ante o Villa de Aranda.
"Llegamos con idea de seguir creciendo, de seguir conjuntando el equipo", asegura o técnico mantendo o seu discurso de que non será ata final de ano cando se vexa a mellor versión dos seus.
A Montes preocúpalle todo o que rodea a un partido como este, cando se xoga contra o último clasificado. "Son unas condiciones que no me gustan, de las que recelo mucho", defende o preparador teucrista porque "parece que el partido está ganado desde el inicio" e para el nada máis lonxe da realidade, sobre todo tendo en conta o ambiente que sempre caracterizou ao Polideportivo Municipal de Palma del Río.
Aínda por riba o cadro andaluz afronta o choque tras un duro pau en Torrelavega, onde perdeu por 35-15, polo que "va a tener unas ganas enormes de ganar y reivindicarse", avisa Luís Montes.
As mellores novas no Teucro pasan pola ausencia de baixas, xa que "ha sido la primera semana en un par de meses en la que hemos podido trabajar con todo el grupo", celebra o primeiro adestrador azul. Desta forma a convocatoria compóñena os 13 xogadores do primeiro plantel xunto ao canteirán Diego Prada.