Triunfo reparador do Arousa no primeiro partido de David López 'Perú' no banco, tras a saída de Míchel Alonso.
O conxunto arlequinado estreou a súa nova etapa cunha remonta no campo do Polvorín (2-3), levantando un encontro que se lle puxo seriamente en contra.
E é que na primeira media hora o filial do Lugo golpeou con dureza aproveitando erros dos vilagarciáns, tomando vantaxe con goles de Jorge Maceira e Sobrido.
Todo empezou a cambiar antes do dencanso, ao meterse de novo o Arosa na pelexa ao aproveitar Samu Santos un barullo dentro da área para recortar distancias, cun disparo que tocou nun defensor local.
Quedaba tempo, e o Arosa foi a polo partido obrando a ansiada remontada, primeiro empatando no 73 cun gol de Hugo Villaverde e despois culminando o 2-3 desde o punto de penalti, transformado por Rivera.
Un triunfo que permite aos arlequinados consolidarse na quinta posición e non perder de vista os equipos que lle preceden na táboa.
Consulta aquí a acta do partido entre Polvorín e Arosa.
Peor lle foron as cousas ao Villalonga, que non puido dar continuidade ás súas dúas últimas vitorias na súa visita ao campo dun complicado Noia (2-0).
Foi un duelo tremendamente disputado, e que non se decidiu até os minutos finais.
O conxunto local adiantábase no minuto 70 de xogo por medio de Javi Muíño.
Xusto despois chegaba a segunda amarela de Tomás Abelleira, que puña aínda máis complicada a remonta.
Sobre todo porque no minuto 79 Hugo Losada facía o definitivo 2-0, deixando sen capacidade de reacción os celestes, que quedan con esta derrota no posto 14 con só dous puntos de vantaxe sobre a zona de descenso directo.