O Ravachol Pontevedra puxo fin ao 2024 cun contundente triunfo nas Neves.
O conxunto pontevedrés foi claro dominador do encontro e afiánzase na terceira praza dunha División de Honra que volverá á competición o 11 de xaneiro.
A xornada comezou cos dobres mixtos, onde a parella formada por Gabriel Fernández e Iziar Barcala impúxose a Adrián Rodríguez e Sofía Álvarez, para subir o primeiro punto para o conxunto visitante.
Nos dobres femininos, a historia repetiuse. Georgina Eileen e Alexandra Ioana superaron con autoridade a Andrea Fernández e María Alonso, mentres que en dobres masculinos a parella visitante retirouse, outorgando o primeiro punto do día ao equipo das Neves.
Tras eles chegou a quenda dos enfrontamentos individuais. Iziar Barcala selló o triunfo do cadro pontevedrés tras un traballado duelo fronte a Ana Nóvoa, Gabriel Fernández fixo o propio ante Basilio Porto, e Alexandra Ioana superou a María Alonso para establecer o 1-5.
A última vitoria do Ravachol Pontevedra chegou da man de Van Gysel, quen, nun emocionante partido, venceu a Antonio Iglesias e selou o 1-6 final.
Con este resultado, o cadro lerezano afronta o parón do Nadal no terceiro posto da clasificación e a moral polas nubes.