O Ravachol accede á Asemblea da Federación Española de Bádminton

Pontevedra
21 de outubro 2024

Jesús Pereiro, director deportivo do Bádminton Ravachol Pontevedra, será representante dos clubs de elite no máximo organismo federativo

Jesús Pereiro, na xornada de División de Honra entre Bádminton Ravachol e IES La Orden
Jesús Pereiro, na xornada de División de Honra entre Bádminton Ravachol e IES La Orden / Cristina Saiz

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra terá presenza no máximo organismo da Federación Española de Bádminton, a asemblea federativa.

A entidade pontevedresa foi elixida no inicio do proceso electoral como representante dos clubs de elite.

Será o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro, o que acceda a partir de agora á Asemblea.

"Estamos moi contentos de poder formar parte da asemblea e ser partícipes do rumbo que tome o bádminton español", explica o club da Boa Vila.

Afirma ademais que "traballaremos para exercer esta representación para a que fomos elixidos da mellor maneira posible, e esperamos que a situación actual cambie para que se volva falar de bádminton e non de fraudes electorais electorais e xestión deficiente".

O Bádminton Pontevedra xa se mostrou recentemente moi crítico co actual presidente da Federación.

De feito no proceso electoral recentemente iniciado apoiaron publicamente o galego Rodrigo Sanjurjo e non ao actual reitor federativo, Andoni Azurmendi.

Tras as eleciones dos representantes de deportistas, técnicos, árbitros, clubs, deportistas de elite, técnicos de elite e clubs de elite, estes serán os que escollan agora o próximo presidente da Federación Española.