Era o rival desexado para evitar un desprazamento no medio dunha semana de competición ligueira, e por unha vez o criterio de proximidade xeográfica cumpriuse.
O Rápido de Bouzas será o rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación, rolda á que os granates accederon tras eliminar ao Marino de Luanco, mentres o cadro vigués deixou na cuneta na prórroga ao Ciudad Rodrigo.
O choque de ida xogarase no Estadio Municipal de Pasarón o próximo 7 de xaneiro, mentres a volta fixouse para o día 21 no Baltasar Pujales.
O resto de emparellamentos de oitavos de final son: Mérida-Badajoz, Logroñés-Gimnástica, Condal-Sariñena, Atlético Baleares-Lorca, Quintanar del Rey-Elche Ilicitano, Móstoles-Villa Santa Brígida e Guadalajara-Rayo Majadahonda.