Rafael Jódar e Alena Kovackova triunfan no 21 Torneo ITF Internacional Júnior de Sanxenxo

Sanxenxo
23 de outubro 2023

O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo baixou o pano da edición número 21 do ITF World Tennis Tour Junior tras unha semana de competición marcada pola choiva e polo alto nivel competitivo mostrado polos participantes

Final feminina do Torneo ITF Internacional Júnior de Sanxenxo
Final feminina do Torneo ITF Internacional Júnior de Sanxenxo /

O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo baixou o pano da edición número 21 do ITF World Tennis Tour Junior tras unha semana de competición marcada pola choiva e polo alto nivel competitivo mostrado polos participantes.

Algúns dos mellores xogadores do mundo en categoría xuvenil pasaron polas pistas de Sanxenxo, nunha competición que concluíu o domingo coas finais individuais.

En categoría masculina o vencedor foi finalmente o máximo favorito, Rafael Jódar, ao superar no partido polo título o polaco Tomasz Berkieta por 6-4 e 6-4.

"Agradezo todo o apoio do público, que me fixeron sentir moi cómodo, coma se xogase na casa", sinalaba tras o triunfo o madrileño.

Pola súa banda na final feminina a triunfadora foi a checa Alena Kovackova, deixando sen premio á alacantina Charo Esquiva en dúas mangas por 6-2 e 6-3.