Desde comezos do mes de setembro, as aproximadamente oitenta mozas que forman parte do Club Galaico Sincro retomaron os seus adestramentos das pretemporada 2017-18. A campaña anterior terminou con importantes consecucións, polo que esta que comeza non será sinxela se como sinalan dúas das súas adestradoras, Diana Fernández e Sonia Paramá, quérese manter e seguir elevando o nivel do club.
Repasamos con elas e coa presidenta, Belén López, por onde pasan eses obxectivos e as competicións nas que se aspira a estar.
Desde o club ademais queren visibilizar este deporte da natación sincronizada, polo que durante este mes de setembro é posible probar gratuitamente achegándose ás instalacións do Galaico Sincro na sede da Fundación Rías do Sur de Pontemuiños.
Durante estas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio, xorde unha pregunta: sería bo para a natación sincronizada de Pontevedra a unificación dos dous clubs da cidade? A resposta da presidenta é afirmativa e manifesta a súa dispoñibilidade se así se expuxese a posibilidade. A luva, entón, lanzámola.