Quinto posto para Lucía Vázquez na xeral do Open de España despois de dúas probas

Vilaboa
08 de abril 2014

A ciclista de Vilaboa logrou un triunfo parcial no Gran Premio Ciudad de Jerez, segunda proba do Open de España de Cross Country

Lucía Vázquez no podio do Gran Premio de Jerez
Lucía Vázquez no podio do Gran Premio de Jerez

Lucía Vázquez situouse na quinta posición do Open de España Cofidis de Cross Country despois da disputa da segunda cita puntuable, o Gran Premio Ciudad de Jerez.

A ciclista de Vilaboa adxudicouse unha vitoria parcial en Andalucía ao impoñerse na competición celebrada en formato de eliminación, gañando na manga definitiva a Mercé Pacios (Tomás Belles) e María Díaz (Bull Bikes).

Na segunda proba, disputada na modalidade de Rally, Lucía finalizou sexta, cuarta española da clasificación nunha carreira dominada pola polaca Maia Wloszczowska, ex campioa do Mundo de mountain bike.

Pola súa banda a xeral do Open de España lidéraa Sandra Santanyes (Bicilocura) con 255 puntos, polos 164 da pontevedresa.

A próxima cita terá que esperar ata os días 11 e 12 de maio. Será no circuíto catalán de Vall de Nord.