Quinto posto para Carmen Gómez no Campionato de Europa Júnior de Triatlón

Pontevedra
20 de xuño 2014

A deportista pontevedresa, aínda en idade cadete, estivo ata ao final no grupo de cabeza protagonizando unha brillante actuación. A localidade austríaca de Kitzbühel acolleu a competición durante a mañá do venres

Carmen Gómez no Europeo Júnior de Kitzbühel
Carmen Gómez no Europeo Júnior de Kitzbühel / Federación Galega de Tríatlon

Por idade aínda encóntrase en categoría cadete, pero Carmen Gómez parece disposta a superar todas as barreiras que se encontre no seu camiño, como demostrou este venres no Campionato de Europa Júnior de Triatlón.

En Kitzbühel (Austria), a deportistas pontevedresa protagonizou unha brillante carreira para finalizar no quinto posto europeo ante competidoras que na súa maioría a superan en idade.

Carmen mantívose dende o inicio no grupo de cabeza nunha proba disputada sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé).

Axudou o bo sector de natación, que lle permitiu saír da auga na cuarta posición dentro do grupo de dez triatletas que marcharon na cabeza coa bicicleta.

Na última transición Gómez posicionouse sexta, pero un forte inicio de carreira fixo que tres competidoras marchasen na cabeza.

Ao final o triunfo foi para a alemá Laura Lindemann (1:03:14) coa pontevedresa nesa magnífica quinta praza (1:04:42) que confirma a súa progresión na presente tempada, na que tamén logrou a clasificación para os próximos Xogos Olímpicos da Xuventude.