O Club Cisne Balonmán xa decidiu quen será o seu adestrador a próxima tempada, tras a renuncia de Jabato a seguir no posto.
Será un home da casa, e é que a decisión é que Marcos Otero 'Quiños' asuma a dirección do primeiro equipo cisneísta na División de Honra Prata.
O acordo empezou a xestarse ao coñecer as dúbidas de Jabato a continuar no cargo para centrarse no seu labor na Real Federación Española de Balonmán, e agora pechouse de maneira definitiva.
Quiños incorporouse no ano 2019 ao corpo técnico cisneísta como segundo técnico, e o seu traballo desde entón convenceu á xunta directiva do club para darlle agora a alternativa.
Coa súa renovación e 'ascenso' no cargo, o novo adestrador do equipo pontevedrés afrontará a súa sexta campaña no clube co reto de dar continuidade a un proxecto que quedou esta campaña preto do ascenso á Liga Asobal.