Queixas do PP polo "colapso" das instalacións deportivas municipais

Pontevedra
30 de setembro 2024

O edil popular Guille Juncal critica a saturación das instalacións deportivas da cidade que obriga os clubs a "facer encaixe de palillos para poder levar a cabo os seus adestramentos nunhas condicións aceptables"

Campionatos galegos de voleibol
Campionatos galegos de voleibol / Cristina Saiz

O Partido Popular de Pontevedra, a través do seu concelleiro Guille Juncal, puxo este luns o foco no "colapso" que asegura sofren as instalacións deportivas municipais xusto cando as tempadas están recentemente iniciadas ou a piques de comezar.

Asegura o edil popular que esta situación obriga a clubs e deportistas a "facer encaixe de palillos para poder levar a cabo os seus adestramentos nunhas condicións aceptables".

Critica Juncal que é "o seu particular día da marmota", xa que se trata dun problema "enquistado e cronificado no tempo".

O concelleiro popular sinala cara á escaseza de instalacións, o seu mantemento ou ao que entende como ausencia de criterios obxectivos á hora de asignar o uso dos recintos aos clubs deportivos.

Cre o representante do PP local que a solución a esta situación pasa por un maior investimento para destinala a un mellor mantemento e tamén para a construción de novos recintos deportivos que poidan asumir a demanda existente ante o aumento en aumento nos últimos anos no número de equipos e de licenzas deportivas.