Promoción especial do Poio Pescamar para encher A Seca nos últimos partidos de liga

Poio
19 de abril 2023

Tras certificar o playoff polo título de liga por primeira vez ante o Leganés, o equipo pontevedrés busca encher a bancada do pavillón cunha campaña especial para atraer o máximo número de persoas posible

Partido de liga entre Poio Pescamar e Sala Zaragoza na Seca
Partido de liga entre Poio Pescamar e Sala Zaragoza na Seca / Cristina Saiz

O Poio Pescamar pon en marcha una campaña especial para encher as gradas do pavillón de A Seca nos seus últimos partidos da liga regular.

A falta de cinco partidos, oderradeiro triunfo en casa do Leganés por 0-6 supuxo certificar matemáticamente a loita polo título de liga no playoff.

As vermellas son segundas con 64 puntos, un menos que o líder, Futsi (65), catro máis que o Burela (60) e oito máis que o Melilla (56). Estes dous últimos, xunto co Ourense CF, son os tres conxuntos que todavía teñen que pasar pola Seca.

Debido á importancia dos encontros que restan de temporada, o clube saca unha promoción especial para encher a bancada vermella.

- Cada socio do clube terá dereito a traer dous acompañantes, de balde, a cada partido.

- Os asistentes con idade de ata 16 anos, incluídos, poderán entrar de balde.

- Por só 5 euros, poderase mercar unha entrada válida para os vindeiros tres partidos na casa. Este domingo, no enfrontamento contra o Ourense CF, xa se poderá retirar.

- En cada encontro haberá sorteos de merchandising do clube entre aquelas persoas que veñan con prendas de cor vermella.

Este domingo 23 de abril ás 12:00 horas, o Ourense CF visita o pavillón da Seca nun derbi "apaixoante".