Prometedor inicio de tempada para o Farto, cun segundo posto no Trofeo Costa de Almería

Pontevedra
08 de febreiro 2022

A corredora chipriota Antro Christoforou rozou cos dedos o primeiro triunfo de tempada para o Farto na súa primeira carreira. Ademais, o equipo profesional pontevedrés tomou parte da Volta á Comunidade Valenciana

Antri Christoforou (esquerda) no podio do Trofeo Women Cycling Pro Costa de Almería
Antri Christoforou (esquerda) no podio do Trofeo Women Cycling Pro Costa de Almería / Team Farto - BTC

A segunda tempada do Team Farto-BTC como equipo profesional UCI Continental feminino estivo moi preto de comezar pola porta grande.

O conxunto pontevedrés rozou cos dedos o triunfo na súa primeira carreira da campaña, no Trofeo Women Cycling Pro Costa de Almería, pero tívose que conformar co segundo posto logrado pola chipriota Antri Christoforou.

Nun percorrido de 148 quilómetros, o Farto foi un dos protagonistas ao conseguir meter dúas ciclistas no corte decisivo do último porto da xornada. Entre elas estaba o triunfo, pero o gato á auga levoullo a chilena Aranza Villalón, con Christoforou a roda. Ademais a só 5 segundos entrou na meta a mexicana Ariadna Gutiérrez, completando o prometedor debut da estrutura galega.

A pesar de non levar a vitoria, a recompensa para o Farto foi o premio de Antri Christoforou nos sprint especiais e de Ariadna Gutiérrez na clasificación da combatividade.

A carreira en Almería tivo lugar o sábado 5 de febreiro, e un día despois o equipo pontevedrés participo tamén na Volta á Comunidade Valenciana, no que se mediu aos mellores equipos do pelotón. Nesa proba, decidida ao sprint nun selecto grupo de 35 ciclistas, o Farto colocou a dúas das súas representantes no pelotón de cabeza, Marta Romeu e a chipriota Christoforou, finalizando nos postos 25 e 31 respectivamente.