A Sociedad Deportiva Teucro prepárase para vivir, durante 2020, o seu 75 aniversario, unha efeméride que celebrarán cunha programación coa que tentarán involucrar á sociedade pontevedresas.
O comité organizador destes actos de aniversario está a dar os primeiros pasos para poñer en marcha un calendario de actividades que teñen previsto presentar durante os primeiros días do mes de xaneiro.
Antes de todo iso, este martes, varios dos seus representantes reuníronse co concelleiro de Deportes, Tino Fernández. En concreto foron María Buceta, Javier Aguiló, Jorge César Díaz, Armando Mathieu e Evaristo Cabral.
Entre os poucos detalles que confirmaron do aniversario, os membros da comisión revelaron o lema que acompañará o Teucro durante 2020, que se cingue a un breve "75 anos...".