Primeiro partido de liga para o Teucro no que se enfronta a un recén ascendido

Pontevedra
13 de setembro 2019

A Sociedad Deportiva Teucro desprázase a Málaga esta fin de semana para disputar o primeiro partido de liga en División de Honra Prata. O conxunto pontevedrés viaxa a terras andaluzas con 16 xogadores para enfrontarse a un Ciudad de Málaga recentemente ascendido

Primeiro adestramento do Teucro 2019-2020
Primeiro adestramento do Teucro 2019-2020 / Mónica Patxot

A Sociedade Deportiva Teucro desprázase a Málaga esta fin de semana para disputar o primeiro partido de liga en División de Honra Prata despois do descenso producido na tempada anterior.

Cunha profunda remodelación no plantel e a recente incorporación del serbio Nikola Perovic ao club, o Teucro viaxa a terras andaluzas con 16 xogadores para enfrontarse a un Ciudad de Málaga recentemente ascendido.

A pesar diso, o adestrador teucrista, Luis Montes, quixo destacar a "grandísima plantilla" coa que conta Curro Lucena, adestrador malagueño, na que despuntan as catro fichaxes realizadas este verán e os xogadores do ano pasado que continúan no club.

Despois dunha boa pretemporada, o obxectivo do cadro pontevedrés é traer os dous puntos a casa nun primeiro encontro "que siempre es una incógnita" e no que probablemente non se vexa a mellor versión do equipo pero que Montes espera que "sea suficiente para poder competir". 

Con respecto a Perovic, a súa recente incorporación fai tan só 15 días supón que o período de axuste ao resto do plantel sexa un pouco máis longo, pero enseguida estará listo para competir ao mesmo nivel que o resto.

O encontro disputarase o sábado ás 20:00 en Ciudad Jardín e estará dirixido polos colexiados Roberto Carlos Mendoza Roldán e Juan Pablo Visciarelli Lareo.