Primeira vitoria do Arosa no regreso á competición ante o Polvorín (1-0)

O Salnés
25 de agosto 2019

Os de Rafa Sáez dominaron durante o primeiro tempo, mentres que o filial do Lugo gañou terreo na segunda, mais se chegar a conseguir ocasiones claras de gol

Primeiro partido de liga entre o Arosa e o Polvorín na Lomba
Primeiro partido de liga entre o Arosa e o Polvorín na Lomba /

O Arosa volveu, este domingo á competición ao comezar a liga en Terceira División, e fíxoo recibindo, na Lomba, ao Polvorín FC. Os dous equipos comezan este ano terminando a tempada pasada con resultados moi similares: ambos na parte media da táboa con 57 e 52 puntos, respectivamente. E esta comeza de forma similar, cunha vitoria dos de casa á conta dos lucenses (gañaron o segundo partido de liga do pasado 18/19).

Os de Rafa Sáez comezaron dominando o encontro, tardando poucos minutos en adiantarse no marcador. Foi Pedro Beda quen, aproveitando unha asistencia de Javi Otero, marcaría o primeiro gol da tempada e adiantaría aos seus (1-0). 

Pouco despois do ecuador da primeira metade, os arousáns deixaron pasar unha dobre oportunidade en contraataque. O primeiro disparo de Suso foi despexado por Anxo Fraga; o segundo, de Coti no rebote, foise por encima do traveseiro. Así, a pesar dos intentos locais por inflar a súa renda, fóronse ao descanso coa vantaxe mínima.

No inicio do segundo tempo, ningún dos dous equipos conseguía chegar á portería rival, o que supuxo que se mantivese o electrónico a favor dos arousáns. Co paso dos minutos, estes últimos ían manifestando síntomas de cansazo, o que derivou nun cambio na balanza. No último cuarto de hora do encontro, dominou o filial do Lugo, que, con todo, seguía sen poder conseguir ocasións de gol claras. Esta situación viuse agravada pola expulsión de Pedro Beda a falta de dez minutos para o final. Con todo, o Arousa soubo manter o tipo e terminar coa primeira vitoria do ano.

Consulta a acta do Arosa-Polvorín.