Primeira toma de contacto dos 22 equipos de La Vuelta coas estradas pontevedresas

Pontevedra
22 de agosto 2013

Os corredores dos 22 equipos participantes na Vuelta Ciclista a España xa tiveron o seu primeiro contacto coas estradas pontevedresas, por onde discorrerán as catro primeiras etapas da proba. A 48 horas da etapa prólogo contrarreloxo, os ciclistas aproveitaron este xoves para supervisar, especialmente, os 27 quilómetros que percorrerán entre Vilanova de Arousa e Sanxenxo no primeiro día de competición

Os ciclistas de Euskatel-Euskadi probando o percorrido da contrarreloxo por equipos
Os ciclistas de Euskatel-Euskadi probando o percorrido da contrarreloxo por equipos

Os corredores dos 22 equipos participantes na Vuelta Ciclista a España xa tiveron o seu primeiro contacto coas estradas pontevedresas, por onde discorrerán as catro primeiras etapas da proba. A 48 horas da etapa prólogo contrarreloxo, os ciclistas aproveitaron este xoves para supervisar, especialmente, os 27 quilómetros que percorrerán entre Vilanova de Arousa e Sanxenxo no primeiro día de competición.

Esta primeira etapa sairá da batea situada no Porto Deportivo de Vilanova de Arousa. O primeiro equipo farao ás 18.48 horas. Nela coñeceremos quen se enfunda a primeira 'vermella' de 2013. Os equipos intentarán non perder moito tempo para que os seus líderes non se vexan afectados na clasificación xeral, pero a etapa non será sinxela. Por iso é polo que os equipos realizaron intensos adestramentos polo percorrido, para que non haxa sorpresas.

Pero moitos eles, como o Movistar Team de Alejandro Valverde, un dos grandes favoritos á vitoria final, foron máis aló. Rodaron tamén polo alto da Groba (Baiona), o lugar no que concluirá a segunda etapa da Vuelta Ciclista a España, a que terá como punto de saída a cidade de Pontevedra o domingo. Como eles mesmos recoñecen, un porto longo (11 quilómetros) e moi esixente.

Mentres tanto, os técnicos e demais persoal dos equipos participantes seguen ultimando todos os detalles e preparando todo o material que utilizarán. Non se pode deixar nada ao azar. Por iso é polo que a contorna dos 22 hoteis de Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, Cambados e Vigo nos que están aloxados convertéronse en improvisados talleres de bicicletas ou clínicas de fisioterapia. E por suposto en lugar de peregrinaxe de curiosos e afeccionados.

CENTRO DE OPERACIÿNS EN O GROVE

Pola súa banda, o centro de operacións administrativas da Vuelta Ciclista a España atópase xa a pleno rendemento na Illa da Toxa (O Grove). Situado no Palacio de Congresos, trátase dun espazo no que desenvolverá o seu traballo todo o persoal que forma parte da proba, equipos e prensa, de forma que todo funcione da forma máis cómoda e eficaz posible para todos.

A sala de prensa equipada para xornalistas e cámaras ten capacidade para máis de 150 persoas, tomas de electricidade, un sistema de audiovisual para o seguimento da carreira, e un escenario onde se farán as roldas de prensa de todos os equipos participantes.

Ademais, no campo de tiro instaláronse dúas carpas nas que se realizarán as reunións claves para coordinar ou entramado de todas as etapas da Vuelta, tanto en Vilanova, Sanxenxo, Pontevedra, Baiona, Vigo e Vilagarcía. Nelas darase acollida aos diferentes operativos de policía nacional, garda civil, sala de xurado técnico ou 'servicing' específico da clientela, e onde tamén se fará un baremo dos resultados de cada etapa e os posibles problemas plantexados.

De cara á primeira etapa da proba, este venres levarase a cabo unha xuntanza con todos os inscritos na Vuelta a España e onde se informará de orde de saída, funcionamento da batea, zona de equipos, zona de desembarco, así como organización da carreira e seguimento. Será un encontro previo á presentación oficial da proba e dos equipos participantes, que terá lugar ás 19.30 horas, no peirao próximo ao Gran Hotel da Toxa.