Primeira carreira ciclista da tempada para o Froiz

Pontevedra
26 de febreiro 2021

O vindeiro domingo 28 de febreiro celebrarase a primeira carreira ciclista da tempada para o equipo ciclista pontevedrés. Terá lugar en Cantabria, co Memorial Santisteban en Colindres a partir das 10:00 horas

Miguel Ángel Mera, ciclista do Supermercados Froiz
Miguel Ángel Mera, ciclista do Supermercados Froiz / Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O vindeiro domingo 28 de febreiro celebrarase a primeira carreira ciclista da tempada para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz. Terá lugar en Cantabria, co Memorial Santisteban en Colindres a partir das 10:00 horas.

Debido á situación da pandemia e ás restriccións sanitarias levadas a cabo, os clubs e organismos organizativos víronse obrigados a pospor o inicio da tempada ata agora. 

Será una xornada longa e intensa nun terreo montañoso no que os ciclistas da escuadra pontevedresa terán que facer fronte a 5 portos de montaña, sendo 3 de estos de terceira categoría e 2 de segunda.

A proba constará de 140 quilómetros e conlevará unha gran velocidade, xa que a ausencia de carreiras deriva nunha maior tensión no pelotón.

Por parte do grupo de Supermercados Froiz, tomarán a liña de saída Ángel Monje, Manuel Rodríguez, Diego Martin Lázaro, Ramón Fernández, Nicolás Antorena, Miguel Mera e Raul Casalderrey.