Todo o deporte pontevedrés e sobre todo o Club Baloncesto Arxil seguen impactos pola repentina perda de Maite Méndez.
As mostras de agarimo cara á adestradora foron constantes desde a triste noticia do seu falecemento, o pasado martes, e por iso o Arxil decidiu render un último tributo a unha persoa sen a que non se entende a súa historia.
"Queremos convidar a todos a participar neste adeus, desde onde ela máis cómoda se atopaba, na pista de xogo", explica a entidade deportiva.
Esteacto público de homenaxe, aberto a xogadoras, adestradores, pais, nais e a toda a cidadanía en xeral, terá lugar o vindeiro luns 29 de abril ás 19.00 horas no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
"Todos estamos en débeda con esta muller, todos debemos estar preto desta familia verde que estes días está a pasalo tan mal", conclúe o Arxil animando a participar da xornada.