Pouso: "As sensacións están moi ben pero non suman puntos"

Pontevedra
08 de febreiro 2020

O Pontevedra visita este domingo ao líder da categoría, o Atlético Baleares, coas baixas por sanción de Nacho López e Adighibe ademais dos lesionados Adrián Cruz e  Berrocal

Partido de Liga entre Pontevedra e Ibiza en Pasarón
Partido de Liga entre Pontevedra e Ibiza en Pasarón / Diego Torrado

O Pontevedra visita este domingo ao líder da categoría coas ausencias por sanción de Nacho lópez e Adighibe, ademais dos lesionados Berrocal e Adrián Cruz. Despois de seis xornadas consecutivas sen gañar, os granates non se conformarán con outra cousa que non sexa a vitoria. Que o Atlético Baleares non saiba o que é perder como local nesta tempada e que o xogo dos de Pasarón mellorase nas últimas xornadas de nada serven. "As sensacións están moi ben pero non suman puntos. Quen contou esa mentira?. O futbol é meter e que non che metan", sentenciou o técnico antes de viaxar a Mallorca.

Sen avanzar ningún detalle da convocatoria, o biscaíño confirma que poderá contar tanto con Pedro Vázquez, Jose García ou Álvaro Bustos, que adestraron a menor intensidade que o resto dos seus compañeiros nalgunhas sesións da semana. Máis enigmático mostrouse coa posibilidade de incluír a Rivera entre os citados. "Aínda non teño clara a convocatoria, irán dezaseis", avanzou o adestrador, para engadir a continuación que "se Rivera non xoga non é por rancor nin por vinganza".

Sobre as opcións de dispoñer de minutos despois da súa frustrada saída do club no mercado invernal, Pouso, cunha mestura de simpatía e sinceridade,, sinalou que "se me demostra que está mellor que Rufo vai xogar Rivera coas súas ojitos azuis e o seu pelo rubito. Para a xente vai ser máis lucido que o outro co pelo rapado e xa casado. as rapazas van volver tolas. Pero terame que demostrar máis do que demostrou ata o de agora". Tamén aproveitou o momento para dar un consello ao novo ariete: "Se che dan a oportunidade de estar en Segunda B, aprende". rematou.

En referencia ao xogo do rival, Pouso mostrou a súa preocupación por todas as facetas do xogo. "É un equipo moi serio, moi solvente. Fisicamente moi dotado e coas cousas moi claras a nivel defensivo. Traballa ben nas transicións, manexa ben o balon parado, mestura veternía e mocidade. É un equipo completisimo e non se pon nervioso por verse dominado. Non temos medo, pero si respecto", declarou sobre un partido no que espera que o rival desenvolva "un fútbol vertical e de transicións rápidas".

Un dos que podería ter protagonismo esta xornada é o recentemente fichado Jose García, que coñece moi ben aos baleares despois de compartir vestiario durante a primeira volta con eles. "A Jose véxoo ben pero fáltalle ritmo de competición", recoñece o técnico, que descarta preguntarlle sobre algún secreto do rival. "Como lle vou a preguntar se temos un boy scout. que aperto un botón e vexo os 20 partidos que xogou o Baleares seccionado por accións acciones ofensivas, defensivas, faltas directas, penaltis corners... Non fai falta preguntarlle", declarou en ton de broma.

O que lle pode pechar a porta do once inicial ao exfutbolista do conxunto balear o Álvaro Bustos, que despois de regresar a Pontevedra tras o seu fristrado traspaso a Polonia necesita mellorar o seu rendemento. "Fannos falta os seus goles e máis achega", rematou.