PontevedraCF.net organiza un torneo de FIFA 20 no que participarán Álvaro Bustos e Javier Bonilla

Pontevedra
20 de marzo 2020

A competición terá lugar durante a fin de semana, comezando o sábado pola tarde. O domingo, o torneo será retransmitido a través das canles de Youtube e Twitch de PontevedraCF.net, e estarán narrados polos comentaristas de Fondo Norte Podcast

Álvaro Bustos nun adestramento co Pontevedra CF en A Seca, en Poio
Álvaro Bustos nun adestramento co Pontevedra CF en A Seca, en Poio / Cristina Saiz

Desde pontevedracf.net organizan esta fin de semana un torneo de FIFA 20 para que toda a afección do club granate goce do fútbol durante estes días de corentena onde todas as competicións oficiais están suspendidas.

O torneo, que pechou as inscricións o venres, día 20, ás 11:30 horas contará cun total de 38 participantes. Entre eles destaca a participación do xogador titular do Pontevedra CF, Álvaro Bustos, e do ex xogador Javier Bonilla, quen aínda conta cun gran aprecio entre a aficción granate. Tamén participarán xogadores do filial e membros do corpo técnico.

Sen aínda confirmalo, agárdase que a fase previa comece o sábado ás 17:00 horas. Desta eliminatoria sairán os participantes do día seguinte. O domingo, á mesma hora, poderase seguir a competición a través da canle de Twitch e de Youtube (PontevedraCF NET), que será narrada polos cometaristas de Fondo Norte Podcast. 

Con este evento, os organizadores queren amenizar estes dificiles días para as persoas que deben permanecer nas súas casas por culpa do coronavirus.