Pontevedra xa respira o ambiente do partido que se vivirá o venres 1 de decembro en Pasarón entre España e Italia coa instalación dunha Fan Zone na Avenida Montero Ríos, que estará aberta ata este domingo ás 20:00 horas.
A área de entretemento conta, desde o sábado pola mañá, con actividades relacionadas co fútbol como chutómetros, canchas de 3x3, unha zona de gaming e a tenda oficial onde comprar roupa da Selección Española.
Ademais, dentro do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra están expostas as tres copas do mundo conseguidas polas seleccións femininas Sub-17, Sub-20 e Absoluta.
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, acompañado de tres xogadoras pontevedresas, encargáronse de encabezar a apertura oficial.