Gran ambiente o vivido este domingo 24 de xullo na Boa Vila coa celebración da Copa do Mundo de Tríatlon.
Era só a antesala do que chegará en 2023 coa Gran Final das Series Mundiais, pero un apertivio de gran nivel coa oportunidade de ver en directo as evolucións dos deportistas chamados a dominar o tríatlon internacional os próximos anos.
A xornada amenceu con néboa sobre a ría, acompañando á temperá carreira elite feminina.
Esa capota foise levantando conforme aproximábase a proba elite masculina, que congregou a moitos afeccionados polas rúas, principalmente na contorna da ponte dos Tirantes e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde estaba situada a liña de meta.
Ademais nos puntos emblemáticos do centro da cidade, por onde pasaba o percorrido a pé, os amantes do deporte mesturábanse con turistas e visitantes propios destas datas.
En definitiva, un test que Pontevedra pasou con nota á espera do que será o maior evento deportivo dos organizados nunca pola cidade. Pero ese será outro cantar. Que chegue xa 2023.