Pontevedra, rumbo a Dinamarca para presentar o ITU Multisport 2019

Pontevedra
12 de xullo 2018

Un acto que estará apadriñado polo campión mundial Javi Gómez Noya servirá como presentación de Pontevedra como sede do ITU Multisport 2019. Terá lugar este venres na sede desde evento internacional que, nesta edición, celébrase na illa de Fyn (Dinamarca)

Deportistas coa bandeira do ITU Multisport 2019 de Pontevedra
Deportistas coa bandeira do ITU Multisport 2019 de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Un acto que estará apadriñado polo campión mundial Javi Gómez Noya servirá como presentación de Pontevedra como sede do ITU Multisport 2019. Terá lugar este venres na sede desde evento internacional que, nesta edición, celébrase na illa de Fyn (Dinamarca).

Nesta presentación tomarán parte tamén a secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a presidenta da Federación Internacional de Triatlón, Marisol Casado.

O acto terá lugar no epicentro da proba, onde se celebran as saídas, as chegadas, os concertos, as bandeiras dos países participantes e as zonas de convivencia dos atletas.

Previamente, ás 10 horas, celebrarase unha xuntanza entre os comités organizadores da proba da ITU de Fyn e Pontevedra na que se poñerán sobre a mesa asuntos de interese sobre a loxística das distintas competicións ou a seguridade.

Pontevedra converterase no centro mundial do tríatlon entre o 27 de abril e o 5 de maio de 2019, cun evento que vai a ser "importantísimo" para toda a provincia, segundo Carmela Silva.

Está previsto que o campionato, que conta con probas de dúatlon, tríatlon de longa distancia, acuatlón, acuabike e tríatlon cross, reúna a uns 4.000 deportistas e a unhas 10.000 persoas durante eses días en Pontevedra, converténdose no evento deportivo máis importante do ano. 

Neste senso, para a promoción do evento Pontevedra puxo en marcha a campaña "2019. See you in Pontevedra" que conta cun stand en Dinamarca para exhibir información e persuadir ao maior número posible de deportistas para a cita do 2019.

Concretamente, na entrada da Vila do Atleta está instalado un photocall da cita pontevedresa no que se reparten folletos informativos e chapas coa mascota do evento, un neto virtual do Loro Ravachol.

O photocall de Pontevedra e a acción das relacións públicas nesta competición está logrando a popularidade que se prevía, pois son moitas as delegacións que posan coa bandeira da cidade e levan obxectos do merchandising.

Algúns dos participantes teñen xa referencias de Pontevedra, sempre moi positivas, e manifestan a súa intención de repetir o próximo ano a experiencia de 2014 cando a nosa cidade acolleu o mundial de dúatlon.