Un Pontevedra líder seis meses despois

Pontevedra
17 de novembro 2024

Co tropezo do Numancia en Torrelavega, unido ao triunfo granate do sábado en Pasarón, o Pontevedra alcanza por primeira vez na tempada a primeira posición

Partido de liga entre Pontevedra e Deportivo Fabril en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Deportivo Fabril en Pasarón / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol xa é líder do seu grupo.

O triunfo logrado este sábado ante o Bergantiños e a derrota do Numancia en Torrelavega permitiron ao conxunto granate colocarse á cabeza da clasificación por primeira vez no que vai de tempada.

Faino xusto seis meses despois da última vez que liderou, tras a xornada 31 do curso pasado (13 de abril).

Para Yago Iglesias, segundo recoñeceu na rolda de prensa tras o encontro, esta situación é "anecdótica" polo momento no que está a tempada, pero é un feito positivo tanto para o equipo como para a afección, especialmente cando "fai poucas semanas estabas moi distanciado deles".

Parte de culpa tena o gran rendemento que están a mostrar os xogadores granates durante as últimas xornadas, logrando 16 puntos dos 18 que había en xogo.

Ademais, lonxe de Pasarón o equipo está intratable. Cedeu un empate contra a SD Compostela (2-2) e caeu ante o Numancia (2-0) ao comezo do curso, pero desde entón non hai quen o pare, logrando pleno de puntos nas catro xornadas restantes que o coroan como segundo mellor equipo a domicilio con 13 puntos, só por detrás do Unionistas de Salamanca (14 puntos).

A iso hai que sumarlle tamén a solvencia que está a mostrar o Pontevedra en portaría, e é que no seu catro triunfos a domicilio anotou seis goles e non encaixou niguno.

No caso do conxunto soriano, en cambio, é o mellor local do grupo con 14 puntos dos 18 posibles, pero como visitante os partidos se le atrangantan.

Así, do cinco encontros disputados lonxe de Los Pajaritos, o Numancia gañou dous, empatado outros dous e perdido este último ante a Gimnástica de Torrelavega, que significou a primeira derrota do equipo no que vai de tempada.

A vindeira xornada de liga, o Pontevedra visitará o campo do Llanera (domingo 12:00 horas), situado na décimo cuarta praza da clasificación con 11 puntos no seu marcador.

Para este encontro, Yago Iglesias non poderá contar con Samu Mayo e Yelko Pino, que viron a quinta tarxeta amarela ante o Bergantiños e deben cumplir sanción.