Pontevedra-Fabril: Mesmo árbitro, un ano despois

Pontevedra
19 de setembro 2024

Curiosa designación a da cuarta xornada de liga para o Pontevedra Club de Fútbol, coa elección do asturiano Hugo Alonso Luíña para o encontro en Pasarón fronte ao Real Club Deportivo Fabril. É o colexiado que dirixiu o mesmo encontro a pasada campaña

Partido de liga entre Pontevedra e Deportivo Fabril en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Deportivo Fabril en Pasarón / Cristina Saiz

Curiosa designación do Comité Técnico de Árbitros para a cuarta xornada de liga do Pontevedra Club de Fútbol, na que se medirá o vindeiro domingo 22 de setembro (17.00 horas) ao Real Club Deportivo Fabril.

Será a segunda vez que se cruce co xove colexiado asturiano Hugo Alonso Luíña, de só 22 anos e que afronta a súa segunda campaña en Segunda RFEF.

O rechamante do caso é que a outra ocasión que pisou Pasarón foi precisamente o mesmo encontro, entre o Pontevedra e o filial deportivista, pero a tempada pasada. Aquel encontro finalizou con goleada local (4-1) na xornada 16 do campionato e nun encontro no que só mostrou tres cartolinas amarelas (unha aos granates e dous aos visitantes).

No caso do Fabril, será a terceira ocasión que lles arbitre, xa que foi o encargado de dirixir outro dos seus encontros o curso pasado nunha derrota na súa casa fronte ao Rayo Cantabria (1-3).

Alonso Luíña estará auxiliado nas bandas de Pasarón por Eduardo Soro Rodríguez e Sara Fernández Ceferino.