Pontevedra será o escenario das finais xuvenil e infantil do campionato galego de voleibol

Pontevedra
02 de abril 2025
Actualizado: 17:19

A cidade do Lérez acollerá o sábado 5 e domingo 6 de abril as finais do campionato Xunta de Galicia de voleibol, que comezará ás 12:00 horas no pavillón da Xunqueira de Pontevedra

Equipo de voleibol
Equipo de voleibol / Federación Galega de Voleibol

Esta fin de semana, Pontevedra acollerá as finais xuvenil e infantil do campionato Xunta de Galicia de Voleibol, unha competición que coloca a localidade pontevedresa como punto central do voleibol a nivel galego.

A competición terá lugar no pavillón da Xunqueira o sábado 5 e domingo 6 de abril, comezando o primeiro día coa categoría xuvenil e o segundo coa infantil.

Nela participarán os catro mellores equipos das ligas regulares de toda Galicia, tanto na categoríafeminina como masculina, xogando dúas semifinais en paralelo que comezarán ás 12:00 horas do mediodía. 

Pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, os equipos competirán polo segundo posto no campionato, e tras rematar, ás 19:00 horas, darase paso á final de cada categoría.

Despois das competicións pola clasificación, ambas xornadas finalizarán coa entrega de premios aos campións.

A concelleira de Deporte Anabel Gulías presentou o torneo este 2 de abril, nun acto no que estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Voleibol Jose Ángel Luna e a presidenta e entrenadora do Club de Voleibol de Pontevedra (CVP) Patricia Valcárcel Pérez.

Valcárcel explicou que, aínda que o club non está clasificado na final, participará no evento con labores de voluntariado.

Pola súa parte, Jose Ángel Luna destacou o papel do voleibol como o terceiro deporte de equipo máis practicado do mundo, soamente superado polo fúbol e a natación.

Ademais, o presidente da Federación Galega de Voleibol insistiu na importancia da maioría feminina na práctica deste deporte, posuíndo as  mulleres un 75% das licencias federativas de voleibol.

Presentación das Finais dos Campionatos Galegos de Voleibol
Presentación das Finais dos Campionatos Galegos de VoleibolFederación Galega de Voleibol