Este domingo 17 de novembro, Pontevedra volveu encherse de solidariedade e deporte coa quinta edición da carreira CorreXCáritas.
Ao redor de 850 persoas de todas as idades sumáronse a esta xornada.
Arrincou ás 10:30 horas desde a Avenida de Montero Ríos e encheu de ambiente festivo as rúas da cidade.
Nesta ocasión, a carreira contou coa presenza do capitán do Pontevedra Club de Fútbol, Álex González.
O xogador granate foi o encargado de dar o pistoletazo de saída á carreira e coller o testemuño da piragüista Teresa Portela, embaixadora o pasado ano.
Participou xente de todas as idades, levando de recordo unha camisola conmemorativa da xornada.
Organizada pola parroquia Virxe do Camiño, esta iniciativa busca recadar fondos para apoiar os proxectos de Cáritas Pontevedra, que traballa incansablemente para atender as necesidades básicas das familias en situación de vulnerabilidade.
Os fondos recadados este ano irán destinados ás persoas afectadas pola DANA en Valencia e Albacete.