A XXI Volta a Galicia chegou este domingo ao seu derradeiro asalto en Pontevedra e na súa contorna, cunha carreira de preto de 133 quilómetros e dúas partes moi diferenciadas.
Jason Huertas (Lasal Cocinas Louriña XE), Jorge González (Equipo Gomur) e Samuel Fernández (Equipo Gomur) foron os tres primeiros en pasar pola Meta Volante de Sanxenxo no quilómetro 16 para regresar á Boa Vila e afrontar os tres altos de montaña.
O primeiro deles no quilómetro 81,8 no Pé da Moa, onde Unai Vijuesca (Equipo Finisher), Owen Lightfoot (Maglia Team) e David Chamorro (Team Extremadura) e Yago Segovia (Nesta) se anotaron os catro primeiros primeiros postos con 1,20 de vantaxe sobre Raúl Bastida (Telco'm), que cruzou en solitario, e a 2,35 do pelotón.
Vijuesca mantivo un ritmo constante para chegar á Meta Volante de Ponte Caldelas (quilómetro 86) en primeira posición, seguido por Segovia, Chamorro e Lightfoot. Bastida, cunha gran exhibición, foi reducindo segundos para chegarse á cabeza de carreira.
David Pollán (Lasal Cocinas Louriña) e Jorge González, que se foi quedando atrás, uníronse aos primeiros e Samu Fernández (Caja Rural), aumentou o ritmodo pelotón para achegarse á cabeza aos 25 segundos para achegarse ao Lago de Castiñeiras, segundo cumio da carreira no quilómetro 112.
Precisamente nese tramo, o de Caja Rural recuperou o primeiro posto, seguido de Nano Cavia a solo 8 segundos de vantaxe sobre o líder da xeral, Martín Rey (Club Ciclista Padronés). Fernández meteu unha marcha máis para marcharse en solitario con 25 segundos de vantaxe sobre os seus perseguidores, pero Cavia fíxose co Premio de Montaña.
Samu Fernández coroou en solitario o derradeiro cumio, O Pituco (quilómetro 124), asegurando a camisola de Montaña Toyota Compostela Móvil, e iniciando os 9 quilómetros ata a meta final, situada na Praza de España de Pontevedra.
Tiña a vitoria case en bandexa pero un erro nun desvío na rotonda da Muller do Emigrante provocou que perdese a renda que tiña e foi adiantado nos últimos instantes por Cavia e Martín Rey, que se aseguraron o primeiro e segundo posto da etapa. Fernández foi terceiro, Vicente Rojas (Froiz) e Egar Chucky (Telco'm), que completaron o top-5.
O arousan Rey, co segundo posto, asegurouse o primeiro posto da xeral, Fernández o segundo e Chucky o terceiro. Rojas foi cuarto e Sinuhé Fernández (Padronés), quinto.
#VoltaGalicia2023 Etapa para @NanoCavia (@EquipoGomur) e xeral para Martín Rey (@ccpadrones)!https://t.co/fiOtSRuc7A@deporte_galego@Pontevedratepic.twitter.com/HmsLAIhaI2
— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) September 17, 2023