A delegación pontevedresa comandada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este sábado en Abu Dhabi a bandeira que oficializa e simboliza o cambio de sede da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.
Tal é así que, desde este mesmo momento, Pontevedra ten un ano para preparar e organizar o que será "o mellor e máis completo evento desta clase nunca feito".
O acto no que a Boa Vila recibiu o testigo chegou a continuación da última gran proba deportiva da semana, a protagonizada pola elite masculina, que ás 15:00 horas comezou nas augas que rodean as Yas Island. Lores, acompañado do deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, observou con atención a carreira, na que competía o galego Antonio Serrat.
Una vez recibida a bandeira e ondeala diante do público, Lores pronunciou unhas palabras de agradecemento á organización e convidou a todos os asistentes a vir a Pontevedra porque "queremos que vivades unha experiencia inolvidable máis aló da competición, que teñades unha experiencia novidosa".
Dentro da axenda oficial, para o domingo teñen prevista a celebración da asemblea xeral da federación mundial de triatlón (World Triathlon Congress), na que o alcalde participará xunto co presidente da FETRI, José Hidalgo.