O Pontevedra Club de Fútbol finalizou a primeira volta da Segunda RFEF como un auténtico furacán.
Cun balance de 12 vitorias, 3 empates e só 2 derrotas, os granates proclamáronse campións de inverno antes de irse de vacacións do Nadal e soñan, por que non, co ascenso de categoría.
De feito é que os números e as sensacións do equipo dan pé a pensar niso, e é que a última derrota remóntase ao pasado 6 de outubro, cando caeu derrotado en Pasarón fronte ao Marino de Luanco.
Desde entón, encadeou 13 partidos consecutivos sen perder, incluíndo as eliminatorias de copa ante Levante e Vilarreal, un dato que fala por si só da gran forma que atravesa o conxunto dirixido por Yago Iglesias.
Agora, e tras unha primeira volta practicamente perfecta, o Pontevedra tómase un merecido descanso. Os xogadores terán uns días libres para desconectar e pasar as festas en familia, antes de volver ao traballo a semana do 30 de decembro. Ademais, o técnico dará descanso aos seus xogadores os días 1, 5 e 6 de xaneiro.
UN INICIO DE ANO EXIXENTE
Á volta das vacacións, ao equipo lerezano espéralle un calendario en grao sumo exixente no que deberá conceder o mínimo posible.
O primeiro compromiso do ano será o de Copa do Rei o 3 de xaneiro fronte ao Mallorca en Pasarón, onde o resultado será o de menos e primará a emoción e a festa que supón o torneo do KO.
Tras el chega o realmente importante: o regreso da competición ligueira coa visita ao Valladolid Promesas.
O filial valisoletano, que xa puxo contra as cordas ao Pontevedra na Boa Vila, ocupa postos de play-off, polo que se antolla un partido complicado no que puntuar é obrigatorio, sobre todo si pensamos nos seguintes enfrontamentos que le espran ao conxunto granate.
E é que, a continuación, o equipo de Yago Iglesias regresará ao seu templo para afrontar dous duelos cruciais ante SD Compostela e Numancia, dous rivais ante os que o Pontevedra só puido sumar un punto do seis en xogo, polo que será unha gran oportunidade para o desquite e para consolidar a súa posición na clasificación.
Agora, o cadro granate é campión de inverno e líder en solitario a tres puntos do Numancia, que non perdoou fronte ao Real Avilés e segue á espreita.