Pontevedra CF: As comparacións son odiosas

Pontevedra
08 de outubro 2024
Actualizado: 13:38

Os números dos granates nas seis primeiras xornadas de liga distan moito dos da pasada tempada. A pesar de contar cunha puntuación similar, marcaron menos da metade dos goles e encaixaron o dobre

Partido de liga entre Pontevedra e Marino de Luanco en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Marino de Luanco en Pasarón / Cristina Saiz

As dúbidas instaláronse no Pontevedra Club de Fútbol e no Estadio Municipal de Pasarón tras a dolorosa derrota sufrida contra o Marino de Luanco.

Os granates, a pesar de seguir cuartos na táboa e en zona de play-off de ascenso, viron como o líder Numancia escapou xa a seis puntos de distancia, aínda que o peor son algunhas das sensacións mostradas polo equipo pontevedrés.

Neste sentido, as comparacións coa pasada tempada son un claro reflexo da situación, a pesar de que hai un ano tras as mesmas seis primeiras xornadas de liga o conxunto adestrado por Yago Iglesias contaba soamente cuns puntos máis (11) e estaba a 7 de distancia do por entón primeiro clasificado, o Zamora.

No resto de estatísticas salgue perdendo o actual plantel.

Destacan os números de goles a favor e en contra, e é que a pólvora dos granates parece terse mollado, con claras ocasións falladas nalgúns dos seus encontros. Hai doce meses o Pontevedra anotara xa 16 goles, cun xogo vistoso e resultados destacados como un 6-0 ao Langreo e un 5-0 a Guijuelo que ilusionaban os seus afeccionados. Dous homes como Rufo e Yelko Pino comandaban a táboa de artilleiros con 4 goles cada un, e até oito futbolistas diferentes viran porta.

Con todo este curso se marcaron 7 tantos nas seis primeiras xornadas, menos da metade, con só catro xogadores anotando. Desa lista Rufo e Dalisson son os únicos en repetir, con dous cada un.

Tamén empeora a estatística de goles en contra, xa que si na tempada 23-24 a estas alturas Edu Sousa recibira 3 goles, agora son 6 os encaixados. Todo logrando en dúas ocasións deixar a súa porta a cero (por tres de hai un ano).

Uns números e sensacións que soamente poden mudar dunha maneira, encadeando vitorias. Para iso o primeiro exame será a saída do próximo sábado 12 de outubro ao campo do Escobedo cántabro (17.00 horas), equipo que marcha na décima posición do Grupo I de Segunda RFEF con 8 puntos.