O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores,recibiu este venres na Casa Consistorial á Selección Española Júnior de natación artística con motivo da exhibición que realizarán este sábado 8 de febreiro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.
Ademais, ao longo desta semana, as integrantes do equipo estiveron concentradas na Boa Vila preparando as rutinas de equipo que presentarán ao Campionato de Europa de Natación Artística que se celebrará en Atenas o próximo mes de xuño.
Entre as nadadoras citadas pola Real Federación Española de Natación atópase unha pontevedresa Daniela Suárez, habitual nos últimos anos nas seleccións nacionais en categorías de formación.
Durante a recepción, o rexedor sinalou que a idea é seguir avanzando a nivel deportivo e poder acoller unha competición de nivel de natación, waterpolo e natación artística pero, optar a todo, "implica unha dotación económica altísima".

En todo caso, "si podemos dedicar diñeiro á actividade deportiva ímolo a facer", asegurou.
Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, explicou que están a apostar pola natación artística e o waterpolo e que están a tratar de traer o máximo número de campionatos a Galicia, "pero a Pontevedra non lle podemos meter máis".
No caso de Alejandra Parada, presidenta do Club Natación Artística Galaico Pontevedra, agradeceu a aposta que están a realizar as institucións pola natación artística e adiantou que teñen en mente a realización de varios campionatos que espera que se vaian materializando.

"As aspiracións son grandes e estamos nun momento moi propicio para pensar en grande. A natación artística é un deporte minoritario con respecto a outros, pero este ano estamos a demostrar o que podemos facer e, por agora, imos cubrindo os obxectivos con fartura. Creo que imos ben, tivemos un primeiro trimestre moi positivo e imos pechar un ano magnífico", indicou García.
Cabe destacar que as únicas licenzas que crecen do tres licencias coas que conta a Federación Galega de Natación é a artística, "que está en bo camiño grazas a adestradores, deportistas e o apoio das institucións".