O piloto da Escudería Estradense, Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o vencedor e dominador da sexta edición da Subida a Ponte Caldelas, quinta proba puntuable para o Campionato Galego.
Cun clima variable na xornada do sábado e soleado no domigo, o piloto non deu opción aos seus rivais e confirmou o seu póquer de triunfos este ano no campionato autonónomico, cun tempo final de 4:17.079.
No segundo posto da xeral, a 13 segundos de Senín, clasificouse Alexis Vieitez, que foi protagonista da anécdota do domingo ao perder o pontón traseiro na segunda ascensión oficial, sen maiores daños que a propia fibra do elemento do vehículo.
Completou o podio en Ponte Caldelas o piloto ourensán Abrahán Vázquez, que non tivo un domingo fácil, xa que sufriu varios percances que non lle permitiron pelexar con Vieitez polo segundo posto da xeral, quedándose a 21 segundos do líder.
Daniel Rodríguez (vencedor no Trofeo CreyCo CM) e Alfonso "Pisko" Ventín, o máis rápido entre os participantes da clase 9 (carcross), foron cuarto e quinto clasificados, respectivamente.
Nos carrozados a victoria foi para Jorge Pérez Alonso, que no seu habitual Porsche 991 GT3 Cup marcou a pauta para ascender ao más alto da clasificación (8º da xeral). A continuación quedaron Manuel Senra, no Peugeot 306 Maxi, e Pablo Rey, nunha participación esporádica no Campionato Galego de Montaña, no Suzuki Swift N5.
Entre os participantes na categoría de regularidade o primeiro posto logrouno o equipo composto por Diego Vidal e Gladis Iglesias, con 58488 puntos. Sito Cabral e José Manuel Quintas foron segundos e Cristian Castro e Mario Martínez, terceiros.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña será en Vilar de Bario os días 23 e 24 de setembro.