Poñer fin ás súas "alongadas vacacións", obxectivo do Pontevedra en Coruxo

Pontevedra
11 de xaneiro 2020

Carlos Pouso non poderá contar con Sana, sancionado; nin cos lesionados Berrocal e Javi López. Ademais, Víctor Vázquez, cun golpe no xeonllo, será baixa ata última hora

Partido de Copa do Rei entre Pontevedra CF e Ibiza en Pasarón
Partido de Copa do Rei entre Pontevedra CF e Ibiza en Pasarón /

"Temos ganas de reverter a situación. Parece que alongamos as vacacións. Fomos un par de días antes de San Sebastián de los Reyes e xa estamos en regreso". Son as palabras do adestrador do Pontevedra, Carlos Pouso, horas antes de retomar a competición ligueira, na que acumulan dúas derrotas consecutivas. Os granates visitan o domingo (16.30 horas) ao Coruxo, un rival directo na loita por un oco na parte alta da táboa, que están a un só punto dos de  Pasarón.

Non poderá contar Pouso con  Berrocal, que segue á marxe do grupo pola súa lesión no  aductor, nin co lesionado de longa duración Javi López. Tampouco estará Sana, sancionado, e será dúbida ata última hora o central Víctor Vázquez. "Churre está a adestrar aparte por un golpe no xeonllo e a ver como evoluciona de aquí a mañá para decidir", declarou o adestrador.

Sobre o rival do domingo, ao preparador granate "preocúpame todo. É un moi bo equipo. Ben traballado defensivamente, cun medio do campo con calidade e traballo e arriba ten xogadores importantes como Silva, Añón ou Mateo. Os partidos que lle vin en casa encantoume", declarou.

Unha das incógnitas no once que exporá está na dianteira. Nos últimos partidos Rivera parece adiantar a Javi Pazos como principal recambio de Adighibe, aínda que Pouso non o considera así. "Depende do tipo de partidos, son xogadores diferentes. Rivera é un home máis de área e rematador, mentres que Javi é máis de caídas a banda", argumentou.

O que parece que segue tendo toda a confianza do míster é o dianteiro nixeriano a pesar da súa falta de acerto para porta dos últimos partidos.Recoñece Pouso que a mala racha que está a pasar está a afectar á moral do atacante. "Os dianteiros non ven a achega que fan ao xogo. Eu adóitolle quitar presión e dígolle ti feixe isto. E dígoo porque o considero así", admite.

Aínda así, recoñece o adestrador que "o difícil do fútbol é facer gol, por iso págaselle máis ao dianteiro que ao defensa". Por esta razón, insiste en que "ao que non mete goles, sempre hai que estar un pouquiño máis encima e animarlle.  Adighibe é moi novo e ten que entender que o fútbol é cuestión de rachas. Moitas veces xutas sen postura e métela. Outras veces tela franca e pégaslle ao porteiro ou se che vai fóra. Hai que seguir traballando, non ten máis solución", resolveu.