O pavillón Wssell de Guimbarda de Cartaxena, en Murcia, será a sede da fase final da Copa da Raíña de Fútbol sala.
Así o deu a coñecer este venres a Real Federación Española de Fútbol (RFEF), confirmando o lugar e as datas nas que se xogará a final a oito do torneo.
Será concretamente do 2 ao 4 de maio, e alí estará catro tempadas despois un Poio Pescamar con ganas de poder levantar por fin o seu primeiro título nacional.
O conxunto conserveiro volve a unha fase final por primeira vez desde que en 2020 rozase o título chegando á gran final.
Para gañar esta oportunidade o equipo adestrado por Luís López-Tulla superou en 1/16 de final o Penya Esplugues e en oitavos desfíxose nun vibrante partido dun duro rival como o Alcorcón.
Ademais do Poio Pescamar competirán en Cartaxena o Ourense Ontime, STV Roldán, FSF Castro Bloques Cando, Gran Canaria FSF Teldeportivo, CD Burela FS, MRB Móstoles FSF e Melilla Torreblanca.
A RFEF confirmou tamén a Cartaxena como sede da fase final da Copa do Rei.
Neste caso disputarase os días 17 e 18 de maio con catro equipos clasificados, como son Illes Balears Palma Futsal, Movistar Inter, Jaén Paraíso Interior e Servigroup Peñíscola.