Poio Pescamar golea un rival directo como Gironella (5-1) e apunta á copa

Poio
25 de marzo 2017

Necesitaba gañar o Poio Pescamar e fíxoo. Fronte a un rival directo na loita polos postos copeiros como o Gironella, as mozas de Marcio Santos lograron tres puntos que deixan ás catalás a sete (máis o golaverage entre ambas), despexando o horizonte e conseguindo un importante colchón que lles achega ao obxectivo de estar entre os oito mellores equipos da competición, sólidamente asentadas na sexta praza

Partido entre Poio Pescamar e Gironella na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Gironella na Seca / Diego Torrado

Necesitaba gañar o Poio Pescamar e fíxoo. Fronte a un rival directo na loita polos postos copeiros como o Gironella, as mozas de Marcio Santos lograron tres puntos que deixan ás catalás a sete (máis o golaverage entre ambas), despexando o horizonte e conseguindo un importante colchón que lles achega ao obxectivo de estar entre os oito mellores equipos da competición, sólidamente asentadas na sexta praza.

O partido comezou con certa falta de ritmo por parte das "rojillas" ante un Gironella firme atrás que trataba de disputarlle ás locais o dominio do balón. E conseguírono ata o punto de adiantarse mesmo no marcador, cun gol de Celia Catá, en xogada persoal tras gañarlle as costas á zaga local e superar no man a man a Silvia.

Marcio Santos solicitaba tempo morto para dar instrucións ás súas e as súas ordes sentaron ben, xa que Ceci lograba o empate, culminando unha boa triangulación das "rojillas", cun disparo desde fóra da área. A cousa non quedou aí, sinó que a escasos segundos da conclusión do primeiro tempo Carolina, a pase de Ale de Paz, anotaba o 2-1 a porta baleira.

Na segunda parte, o Poio Pescamar subiu a liña de presión en busca de pechar calquera opción do conxunto catalán de meterse na pugna polo partido. Deste xeito no primeiro minuto poñían o 3-1 obra de Jenny a pase de Patri Corral.

O Gironella tentaba superar a presión do Poio Pescamar, pero non conseguía crear perigo nas inmediacións da área local, mentres o poio Pescamar seguía dominando para ampliar a renda no minuto 31, cun gol de Suki en combinación con Ale de Paz.

Tentaron arriscar as catalás no tramo final do partido en busca de recortar distancias, pero o Poio mantívose firme e tivo tempo ademais de subir o quinto gol por medio de Ale de Paz en xogada persoal, para pechar a goleada.

POIO PESCAMAR (5): Silvia; Ceci, Jessy, Jenny Lores e Ale de Paz (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carolina, Suki e Patri Corral.

GIRONELLA (1): Raquel; Celia, Zoe, Marta e Julia Vidal (quinteto inicial). Tamén xogaron, Helena Roig, Laura, Sandra Rovira e Pilar.

Goles: (0-1) Minuto 16: Celia Catá. (1-1) Minuto 18: Ceci. (2-1) Minuto 20: Carolina. (3-1) Minuto 21: Jenny. (4-1) Minuto 31: Suki. (5-1) Minuto 38: Ale de Paz.

Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 350 espectadores.