O Poio Pescamar afástase do play-off tras caer ante o líder Melilla Torreblanca

Poio
12 de abril 2025

As opcións por loitar polo título de liga desvanécense para o conxunto vermello despois de caer por 2-0 fronte ao líder cun gol de Laura Uña en propia porta e outro de Ana Luiza

Partido entre o Poio Pescamar e Ourense CF na Seca
Partido entre o Poio Pescamar e Ourense CF na Seca / Cristina Saiz

O soño de volver disputar os play-off polo título de liga complícase para o Poio Pescamar tras a súa derrota por 2-0 ante o líder Melilla Torreblanca.

As vermellas, que se atopan na sétima posición con 38 puntos, afástanse a 10 do STV Roldán, cuarto clasificado, cando só restan 12 en xogo.

O partido arrincou con claro dominio por parte do conxunto local, que asediou a porería de Elena, quen se mostrou moi segura baixo paus para evitar que as rivais se adiantasen no marcador.

Pero cando o duelo parecía máis igualado, o Melilla adiantouse cun gol en propia porta de Laura Uña ao tentar despexar un centro-chute de Amandinha.

Despois do paso polos vestiarios e dun intercambio de ocasións por parte dos dous equipos, o Poio Pescamar optou polo xogo de cinco con Elena Aragón como porteira-xogadora en busca do gol do empate.

Con todo, pasada a media hora de xogo, foi o equipo local quen ampliou a súa vantaxe cun gol de Ana Luiza ao superar a Elena nun man a man.

As conserveiras tentaron reaccionar nos minutos finais arriscando un pouco máis, pero o Torreblanca defendeu de maneira ordenada para levar a vitoria.

Antes da conclusión do partido, Ale de Paz puido reducir distancias, pero o seu disparo impactou no traveseiro.

Consulta a acta neste enlace