Poio Artai certificou un descenso que xa estaba cantado dende hai bastantes xornadas e fíxoo co que tantas veces nesta tempada lle custou perder os partidos, a falta de fondo de armario para aguantar o ritmo durante os 60 minutos de xogo.
En Lalín de novo os de Augusto Aláez competiron na primeira metade para afundirse estrepitosamente na segunda, especialmente a partir do minuto 35, cando un parcial de 5-0 para os locais abriu unha brecha definitiva que provocou que o Poio baixase definitivamente os brazos ata encaixar unha forte goleada que lle condena ao descenso de categoría, tras un paso fugaz pola Primeira división estatal.
EMBUTIDOS LALINENSE (36): Uxío García, Carlos Durán; Cortés (1), Adrián Crespo (5), Pachi Dacosta (5), David Fernández (2), Bruno Fernández (1), Ramón Gil (5), Xosé Manoel Hermida (1), Martín Iglesias (4), Loson (2), Rubén Martínez, Miguel Porto (8) e Román Pedreira (2).
POIO ARTAI (23): Juanjo Novás, Salgueiro; Víctor (3), Gabriel Cores (1), Erselle (4), Tomás (6), Eloy Lorenzo (1), José Manuel Núñez, David Rodríguez (2), Roibás (3), Martín Tarrío (2) e Daniel Castro (1).
Árbitros: Soraya Abelenda Martínez e Aarón Sestay Prieto (Galicia). Excluíron dous minutos a Adrián Crespo, Pachi Dacosta e Miguel Porto (2), polos locais, e a Tomás, Roibás (2) e Martín Tarrío, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 3-2, 5-4, 7-6, 10-8, 12-10, 16-13 (descanso), 18-14, 21-15, 26-17, 31-18, 35-19 e 36-23 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal Lalín Arena (Lalín). Uns 100 espectadores.