A emoción da Copa do Mundo de Tríatlon aterrou este domingo 24 de xullo na Boa Vila, e fíxoo desde ben cedo con próbaa elite feminina.
Ata 59 deportistas estaban inscritas para a competición, entre elas a local Natalia Castro, que se estreaba nunha competición de semellante nivel internacional. A triatleta sub-23 de Bueu, formada no Tríatlon Motobike Galaico e actualmente nas filas do Náutico de Narón, tiña a oportunidade de medirse a algunhas das mellores especialistas internacionais apoiada polos seus, e non defraudou, aínda que a súa loita estaba lonxe da cabeza de carreira.
Baixo a influencia da néboa coa que amenceu a ría, a británica Sophie Alden foi a primeira en completar os 1.500 metros de natación no Lérez, seguida da alemá Lisa Meibner.
Ambas as dúas, xunto ás británicas Kate Waugh, a belga Jolien Vermeylen e a francesa Mathilde Gautier, formaban un grupo dianteiro no sector ciclista de 40 quilómetros, cun circuíto que se sometía a exame para a Gran Final das Series Mundiais de 2023 que acollerá a Boa Vila. Por detrás nun segundo grupo circulaban algunhas das favoritas e tamén tres epañolas como Anna Godoy, Sara Guerrero e Ceciclia Santamaría, mentres que na terceira unidade ía Natalia Castro, chegando a fusionarse os pelotóns perseguidores antes da segunda transición.
A decepción era para a olímpica Miriam Casillas, do Tríatlon Ferrol, que abandonaba tras sufrir unha caída.
O quinteto de cabeza chegaría con vantaxe ao comezo dos 10 quilómetros de carreira a pé polo espectacular circuíto que atravesaba o centro histórico da cidade, con case un minuto de vantaxe.
Só necesito a metade da carreira a alemá Lisa Tertsch para chegar á cabeza, remontando tamén por detrás a checa Petra Kurikova, facendo pensar nun emocionante final entre ambas. Así foi, chegando primeira á meta no Centro Galego de Tecnificación Kurikova cun tempo de 1 hora, 57 minutos e 43 segundos, con 13 segundos de marxe sobre Tertsch, que levaría a prata. O bronce sería finalmente para a francesa Sandra Dodet, a 26 segundos.
Petra Kurikova CZE timed her surge to perfection and charged for gold in #PontevedraWC to claim first World Cup win! Germany's Lisa Tertsch GER held onto silver and Sandra Dodet FRA earned bronze.
— World Triathlon (@worldtriathlon) July 24, 2022
Kate Waugh GBR delivered an exceptional performance over the line in fifth place. pic.twitter.com/u0B5iGm6oz
A mellor española da proba foi Noelia Juan, sexta, mentres que Natalia Castro chegaba á meta nun sobresaliente 19º posto, a 1:51 da vencedora e seguida da tamén galega Sara Guerrero.
Consulta aquí a clasificación completa da carreira elite feminina da Copa do Mundo de Pontevedra.