Pendentes do estado de Pablo Carnero

Pontevedra
23 de xuño 2015

O dianteiro granate segue a arrastrar problemas físicos e a súa presenza no choque definitivo polo ascenso a Segunda B estará no aire ata o mesmo sábado. Mouriño e Pablo perderanse a cita por sanción

Pablo Carnero realiza estiramentos durante o adestramento do Pontevedra en Pasarón
Pablo Carnero realiza estiramentos durante o adestramento do Pontevedra en Pasarón / Daniel Santomé
Lupe Murillo afirma que a fase de ascenso está sendo durísima para a afección, os xogadores e a directiva /

Está a ser unha tónica durante todo o play-off. Unha vez máis o estado físico de Pablo Carnero volve centrar a preocupación do corpo técnico do Pontevedra na última e definitiva semana de competición.

O dianteiro, que apenas xogou 20 minutos en Haro, non participou no primeiro adestramento da semana e a súa presenza no choque de volta polo ascenso está de novo no aire.

A súa evolución nos próximos días resultará clave, pero Luisito non saberá ata o mesmo sábado se Carnero está en condicións de xogar, aínda que con toda seguridade non estará ao 100%.

O futbolista granate só puido xogar con normalidade dous encontros na fase de ascenso, a ida contra o Mensajero e o partido de volta ante o manzanares, que rematou con molestias no xeonllo.

No capítulo de baixas, Luisito conta con dúas ausencias confirmadas por sanción, as de Pablo e Mouriño, que compensará coa volta de Jacobo e Kevin Presa tras cumprir un partido de suspensión. Tamén Adrián Gómez, xa recuperado, estará a disposición do técnico para cubrir o oco na zaga que deixa a sanción a Pablo.

Por outra banda Anxo comezou a semana con molestias derivadas do esforzo realizado na Rioxa, pero a súa presenza o sábado parece segura, mentres Benja estará dispoñible, aínda que falto de ritmo de competición tras estar afastado dos terreos de xogo durante todo o play-off.

LUPE MURILLO VE O EQUIPO "TRANQUILO E CONVENCIDO"

A presidenta do Pontevedra ofreceu unha rolda de prensa na mañá deste martes 23 acompañando a Rafael Louzán, presidente provincial, na Deputación de Pontevedra con motivo do patrocinio de 15.000 euros que reciben os clubs de Terceira División.

Lupe Murillo fixo referencia á data escollida para este último partido da fase clasificatoria a 2ª B sinalando que a elección do día a realizou a Televisión de Galicia. Será o sábado porque o domingo, a TVG ten previsto emitir na súa grella a emisión dos premios Castelao. O horario foi escollido polo club pontevedrés, segundo a máxima responsable da entidade, negándose a que se xogase ás 18.00 horas e trasladándoo ás 20.30 h. para que as persoas que se acheguen a Pontevedra para ver o partido tamén poidan despois deixar ganancia na hostalaría da cidade. "Dentro de este play off hemos jugado el domingo, no nos ha salido bien y hemos jugado el sábado y nos ha salido mejor, esperemos llevarnos una alegría". Ademais, apuntou que se conmemora o aniversario do ascenso a Segunda División en 2004: "ascendimos un 27 de junio también. Aunque las estadísticas nunca se repiten en este club, esperemos que se vuelvan a dar en este caso", sinalou Lupe Murillo.

A presidenta granate reclamou o apoio dos afeccionados nun último esforzo dentro desta tempada: "Esperábamos ascender el 30 de mayo, esto se está haciendo durísimo para los aficionados, para los jugadores para la directiva. La temporada no acaba pero ojalá tengamos un campo con personas que van a ayudarnos. Lo tenemos que dar todo en este partido ya estamos abocados para ascender o no. Si ascendemos será fantástico porque será el broche de oro a una temporada que ha sido dura", declarou a máxima responsable do club.

Indicou tamén que a parcela económica será satisfactoria a final da tempada e apuntou que "no hemos hecho ningún movimiento con fichajes de jugadores. La plantilla se merece estar centrada en lo que está". Neste sentido, afirmou que os xogadores "están tranquilos y convencidos" de que se pode lograr o ascenso e sinalou que o futbolista Anxo lle dixera que "ellos son un equipo bueno, pero nosotros somos mejores. Yo me quedo con esa frase", explicou Lupe Murillo esperanzada en que se interiorice para que poidan facer un bo papel e dar a volta ao resultado.