Peixe Galego recupera opcións ao vencer con autoridade en Murcia (52-64)

Marín
17 de marzo 2019

Excelente resultado do Peixe Galego en Murcia. Os de Javi Llorente necesitaban gañar para non descolgarse definitivamente e fixérono de forma solvente, impoñéndose desde o comezo, nun partido baseado na fortaleza defensiva, para situarse a só dúas vitorias do terceiro posto e con todas as opcións para seguir loitando por entrar nas eliminatorias de ascenso a LEB Ouro

Partido entre Real Murcia Basket e Marín Peixe Galego
Partido entre Real Murcia Basket e Marín Peixe Galego / Real Murcia Basket

Excelente resultado do Peixe Galego en Murcia. Os de Javi Llorente necesitaban gañar para non descolgarse definitivamente e fixérono de forma solvente, impoñéndose desde o comezo, nun partido baseado na fortaleza defensiva, para situarse a só dúas vitorias do terceiro posto e con todas as opcións para seguir loitando por entrar nas eliminatorias de ascenso a LEB Ouro.

Superiores en xogo, en porcentaxe de tiro e baixo os taboleiros, os marinenses anotáronse os catro parciais, aínda que non sería ata o terceiro cando conseguirían unha renda que lles permitiu xogar con tranquilidade os dez minutos finais.

Vashil Fernández (18 puntos, 8 rebotes e 25 de valoración), foi o xogador máis destacado, cunha excelente porcentaxe de acerto no tiro exterior (8 de 11). Xunto a el, Gerard Sevillano (14 puntos, 10 rebotes e 19 de valoración) acumulando tamén unha notable estatística no lanzamento (7 de 10), foron os homes máis destacados dun Marín que, sen realizar un excelente partido ofensivo (39% de acerto nos tiros de campo), soubo pechar  a súa zona non permitindo tiros fáciles aos murcianos, que quedaron nun pobre 19 de 66 (29%) nos tiros de campo.

O partido comezou de fronte á conxunto grana, que logrou adiantarse ata un +7 (9-2) aos 5 minutos, pero os de Javier Llorente apertaron no segundo parcial do primeiro cuarto ata terminar por diante cunha vantaxe de +1 (9-10). Durante o segundo período, o Real Murcia conseguiu adiantar ao rival de novo (14-12), pero a defensa do conxunto galego e o pouco acerto desde a liña de triplo (2/11) non permitiu aos granas ampliar esa vantaxe.

Así, tras unha primeira metade de partido moi igualada, o descanso chegou cun 22-25 no marcador, un toque de atención para o conxunto dirixido por Rafa  Monclova.

Durante o terceiro período, o conxunto galego foi moi superior aos locais, logrando un parcial de 7-15 e chegando ao último cuarto cun 29-40 no luminoso, despois de lograr unha máxima vantaxe sobre o Murcia de 14 puntos (26-40).

O último cuarto continuou a tónica de todo o partido, cun equipo galego que pasou por encima do cadro murcianista con extremada facilidade. A pesar de que os de  Monclova lograron achegarse a un -8 (38-46), o rival non lles deixou avanzar e ampliaron a súa vantaxe ata un -17 (60-43). A pesar de que lograron enchufarse no último período, a permisividade arbitral que tivo lugar durante todo o encontro e a intensidade ofensiva do rival causaron que o asubío final chegase cun 52-64 no marcador.

Consulta as estatísticas do Real Murcia Baloncesto-Marín Peixe Galego.