A Real Federación Española de Fútbol confirmou o Estadio Municipal de Pasarón como sede para acoller o encontro entre a Selección Española Absoluta Feminina e a selección de Italia.
A vixente campioa do mundo visitará Pontevedra o día 1 de decembro para disputar o emocionante partido do grupo D da Liga de Nacións Feminina da UEFA tras a firme aposta da Real Federación Galega de Fútbol.
Desta forma, se todo sigue o seu curso, a pontevedresa Tere Abelleira regresará á cidade que a viu crecer vestindo por primeira vez a elástica do combinado nacional.
Este será o segundo encontro internacional absoluto que acolla o estadio do Pontevedra Club de Fútbol tras a súa remodelación, xunto ao partido amigable que xogou a Selección Española Masculina fronte Arabia Saudita en setembro do ano 2012.