Partido para esquecer do Marín Futsal ante un Móstoles demoledor

Marín
12 de outubro 2024

O que a priori era un partido entre iguais do Móstoles e Marín, converteuse nunha carnicería (9-1).

Partido entre Marín Futsal e Melilla Torreblanca na Raña
Partido entre Marín Futsal e Melilla Torreblanca na Raña / Cristina Saiz

Aínda que o arranque da tempada do Marín Futsal estaba a ser para enmarcar, para nada foi así este encontro ante o Móstoles.

O que a priori era un partido entre iguais, converteuse nunha carnicería (9-1).

Desde o inicio, o conxunto local mostrouse moi superior, adiantándose aos tres minutos cun gol de Alicia Benete, que tras un gran control enchufou o balón no interior da portaría de Patri Arruti.

Aínda que o Marín tentou reaccionar, o Móstoles puxo máis terra polo medio cun libre directo botado por Miriam Serrano, que aproveitou que a barreira marinense abriuse para facer o 2-0.

O asedio mostoleño continuou e con el o aluvión de goles. Arruti evitou o terceiro en repetidas ocasións, pero finalmente non puido evitalo tras unha boa transición local mal defendida polo Marín que Benete transformou no terceiro tanto.

Facía augas o Marín en defensa e tras unha acción combinativa entre Celia e Serrano, chegou o cuarto co que se alcanzou o descanso.

Xa na segunda metade, Claudia e Luchi ampliaron a vantaxe a 6-0 antes de que Nerea subise o 7-0. Aínda que Guida logrou anotar o gol da honra, o Móstoles non se detivo e pechou o partido cun contundente 9-1, con goles de Miriam e Nerea Moldes.

Foi un partido, sen dúbida, para esquecer para o Marín.

Consulta a acta neste enlace