A pretempada está en marcha para os grandes triatletas do panorama nacional e internacional, e entre eles para un Pablo Dapena que seguirá pertencendo en 2022 a un dos equipos de referencia, o BMC Pro Triathlon Team.
O triatleta pontevedrés renovou o seu vínculo para 2022 coa escuadra belga, á que chegou a finais de 2018 tras proclamarse campión do Mundo de Longa Distancia.
"Subindo a cremalleira para unha nova tempada por diante", sinala o encabezado do vídeo compartido tanto polo equipo como polo propio triatleta para confirmar que afrontarán o seu terceiro curso xuntos, engadindo un "brillemos neste 2022".
Cabe lembrar que en 2021 no BMC Pro Triathlon Team contou nas súas filas con deportistas de nivel de diferentes partes do mundo como o danés Kristian Høgenhaug, o estadounidense Chris Leiferman, a británica Katrina Matthews, o asutraliano Max Neumann, o sueco Patrik Nilsson ou a tamén norteamericana Chelsea Reilly Sodaro.
Por parte de Pablo Dapena, a pesar da lesión que lle impediu pechar a tempada competindo e pelexando polo ranking World Bonus da franquía Challenge Famlily, o seu bo nivel levoulle a finalizar en cuarto lugar esta clasificación, gañándose a confianza un ano máis do equipo.