Segunda destitución en só uns días na Primeira RFEF, no grupo do Pontevedra Club de Fútbol. Todo a pesar de ter transcorrido só catro xornadas de liga.
Se o primeiro en prescindir do seu técnico foi o pechacancelas Ceuta, agora foi o San Fernando CD, nun movemento que desde a distancia non deixa de sorprender ao estar situado o club andaluz, con 4 puntos, fóra dos postos de descenso.
A entidade gaditana decidiu rescindir a Nacho Castro e o seu lugar no banco ocuparao Salva Ballesta, ex-futbolista de Primeira División que como técnico adestrou a equipos como o Real Jaén, Móstoles, Algeciras e a pasada campaña ao UCAM Murcia.
No inicio de liga o San Fernando, que a pasada campaña logrou a salvación in extremis no grupo II da Primeira RFEF (un triunfo do Sevilla Atlético na últma xornada condenoulle), venceu o Ceuta na primeira xornada, empatou despois na súa saída a Badaxoz e só encaixou derrotas ante claros aspirantes ao ascenso de categoría como o invicto Racing de Ferrol e o Alcorcón.
O San Fernando visitará o Estadio Municipal de Pasarón deica pouco máis dun mes, o próximo 30 de outubro, na décima xornada de liga.