Ouro e clasificación para o Europeo de taekwondo para Sergio Troitiño e Sara Cortegoso, bronce en Bélgica

Pontevedra
16 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Sergio Troitiño segue dando pasos de xigante e suma un novo ouro no seu palmarés que lle outorga a clasificación matemática para o Europeo de Taekwondo. Sara Cortegoso, pola súa banda, logrou a medalla de bronce tras caer ante a italiana  

Sergio Troitiño e Sara Cortegoso coas medallas conseguidas no Open de Bulgaria
Sergio Troitiño e Sara Cortegoso coas medallas conseguidas no Open de Bulgaria / Real Federación Española de Taekwondo / PontevedraViva

Sergio Troitiño segue dando pasos de xigante e suma un novo ouro no seu palmarés que lle outorga a clasificación matemática para o Europeo de Taekwondo.Sara Cortegoso, pola súa banda, logrou a medalla de bronce tras caer ante a italiana.

O taekwondista do Mat's de Marín, despois do primeiro posto logrado no Open de Bulgaria, acudiu a Bélxica como cabeza de serie número tres, pero tivo que superar a catro complicados adversarios para subir, unha vez máis, ao primeiro chanzo do podio.

No primeiro combate superou ao francés Nahil Mehnana, ao que gañou con solvencia en dous asaltos (8/0 e 10/2), e no segundo venceu ao serbio Milos Golubovic en tres asaltos (4/0, 3/9 e  6/13).

Xa no terceiro, que foi a semifinal, o xogador marinense tivo serios problemas para derrotar ao polaco Adrian Wojtkwiat, cabeza de serie número dous. Finalmente Troitiño gañou en tres asaltos ( 7/7, 7/5 e 3/1) e obtivo o pase á gran final.

Alí mediuse ao cabeza de serie do campionato e número uno mundial, o croata Ivan Sapina, ao que bateu en dous duros e tensos asaltos que se decidiron por 10/9 e 6/4.

No caso de Sara Cortegoso, a deportista do Mace Sport logrou a medalla de bronce.

A pontevedresa gañou en primeira rolda á grega, en segunda á finlandesa, pero en semifinais perdeu contra a representante de Italia. Neste último combate, Sara foi gañando por puntos pero finalmente caeu por eliminación de canchons.