Segunda fichaxe no Arosa, que este mércores confirmou a contratación de Óscar Varela para a próxima tempada.
Trátase dun centrocampista defensivo de 25 anos de idade que o últimas tres campañas defendeu as cores do Atlético Arteixo, sendo de feito na última delas o futbolista con máis minutos acumulados do plantel en Terceira RFEF. Antes formouse no San Tirso SD.
"Creo que o Arosa é o sitio idóneo para seguir crecendo. Desde o primer momento tiven claro que o Arosa era a miña primeira opción e quero agradecer ao club as facilidades para que puidera incorporarme", sinalou o futbolista tras facerse oficial o seu incirporación na Lomba.
"Esta categoría nunca é fácil pero estou seguro de que poremos o club onde merece", afirmou.
OFICIAL | Óscar Varela incorpórase ao Arosa SC
— Arosa SC (@ArosaSCOficial) June 19, 2024
Óscar Varela Rocha (08/11/1998) únese ao mediocampo arlequinado logo de tres temporadas no Atlético Arteixo, onde foi unha peza importante con moitos minutos.
https://t.co/oYcj7rbOWI
Benvido!#ForzaArosa#ArosaSCpic.twitter.com/XadJM6uKpd
Óscar Varela únese a Luis Castro na lista de fichaxes do club arlequinado, no que ademais renovaron ata a data Martín Diz, Iñaki Martínez, Javi Pereira, Pacheco, Noel Chaves, Antón Concheiro, Dani Sánchez, David Conde e Sergio Prieto.